A Torre de Hércules celebra o Día dos Museos cunha mesa redonda e xornada de portas abertas

16 de maio de 2017

La Torre de Hércules celebra el Día de los Museos con una mesa redonda y jornada de puertas abiertas

O vindeiro xoves, 18 de maio, a Torre de Hércules vai celebrar o Día Internacional dos Museos, cunha mesa redonda que terá lugar na Casa Museo Casares Quiroga, na rúa Panaderas 12, da Coruña e que levará por título A Torre de Hércules e os espazos da memoria.

A cita será ás 20.00 e participarán Carme Rodeja, en representación da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica; Ana MartínezArenaz, técnico do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón; Emilio Grandío, historiador e un repersenatnte do Proxecto Cárcere. Como moderadora actuará Ana Santorun, coordinadora-directora da Torre de Hércules.

O lema escollido este ano polo ICOM para o desenvolvemento da xornada é Museos e historias controvertidas. Dicir o indicíbel. Para desenvolver este tema se reunirán os panelistas, que farán unha reflexión en torno á relación dos museos con espazos controvertidos, como o é dalgún xeito, a contorna da torre, donde se ubica a antiga Prisión Provincial e, a poucos metros, o Campo da Rata, que serviu de lugar de fusilamento para as persoas represaliadas durante a Guerra Civil e o posterior réxime franquista. A continuación abrirase un intercambio de puntos de vista entre os participantes e no que taménpoderáintervir o público.

Sábado 20

Por outra banda, o sábado 20 a Torre de Hércules celebrará novamente o Día dos Museos, con todos os museos da cidade. O monumento estará aberto de 10.00 a 21.00, con última entrada ás 20.30 e a entrada será gratuita. No Centro de Interpretación (CIAV) haberá unha exposiciónd e material de recreación romana, a cargo da Asociación de Recreadores de Galicia.

Ademáis, ofreceránse visitas guiadas ás 10:30 (interior da torre), 12:30 (CIAV / exteriores), 16:30 (interior), 17:30 (CIAV / exteriores​), 19:30 (interior). As persoas que desexen participar nestaactividade deberán apuntarse chamando por teléfono ao 981 223 730. A inscriciónfarase por orde de chamada, ata completar o aforo de 16 persoas para cada grupo.