Anúnciase o programa de actividades do 1º aniversario da Declaración da Torre como Patrimonio da Humanidade

18 de xuño de 2010

Programa de actividades do 1º aniversario da Declaración da Torre como Patrimonio da Humanidade

O primeiro teniente de alcalde Henrique Tello anunciou hoxe o programa de actividades do 1º aniversario da Declaración da Torre como Patrimonio da Humanidade.

O programa de actividades comeza o día 24 cunha pasarela de moda organizada polo Instituto de Estudos Torre de Hércules, e chega aos seus días grandes na fin de semana, coa celebración no Campo da Torre dun amplo conxunto de actividades lúdicas que inclúen: xogos para nenos, deportes, gastronomía, actuacións musicais e monólogos humorísticos.
 
Este é o programa completo de actividades:
 
FESTA 1º ANIVERSARIO TORRE DE HÉRCULES
CAMPO DA TORRE 26 e 27 xuño 2010
 
Sábado 26 de xuño
18:00h. XXVIII DÍA DA MUIÑEIRA, con Xacarandaina
19:00h. FESTA GASTRONÓMICA
20:00h. MONÓLOGOS COA TORRE, con Paco Lodeiro, Rober Bodegas, Teté Delgado, Sergio Pazos, Luis Zahera e Evaristo Calvo + CONCERTO HÉRCULES TOWER BAND
22:30h. BANDA DO GURUGÚ
23:30h. CONCERTO DE BLACKBUM 
00:30h. SESIÓN DJ'S + VISUAL ART, con Dj's Cuco + Jake Jack + Vj The End | Arte regulable
 
Domingo 27 de xuño
11:00h. CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES. 1º Trofeo conmemorativo da declaración como Patrimonio da Humanidade. Autoridade Portuaria da Coruña - La Voz de Galicia
11:30h. FESTA INFANTIL, con obradoiros, inchables, xogos, rocódromo, tirolina e xadrez simultáneo
13:00h. BANDA MUNICIPAL DA CORUÑA, que interpretará música tradicional galega xunto co trío Vaamonde, Lamas & Romero
13:00h. FESTA GASTRONÓMICA
20.00h. CANTATORRE 2010, no Teatro Colón, patrocinado polo Instituto de Estudios Torre de Hércules (IETH)
 
Xoves 24 xuño
20.30h. 2ª PASARELA DE MODA TORRE DE HÉRCULES, no Teatro Rosalía, patrocinado polo Instituto de Estudios Torre de Hércules (IETH)