A Torre de Hércules reabre as súas portas o luns 22 de febreiro

17 de febreiro de 2021

A Torre de Hércules reabre as súas portas o luns 22 de febreir

As visitas serán cada 45 minutos e terán un máximo de catro persoas por quenda

A Coruña, 17 de febreiro de 2021.  A Torre de Hércules, faro romano máis antigo do mundo aínda en funcionamento, reabrirá as súas portas para poder ser visitado desde este luns 22 de febreiro. Faino tras 26 días pechada debido ás restricións decretadas a finais de xaneiro pola Xunta de Galicia que impoñían o peche de museos e monumentos.

A partir deste luns, a Torre poderá volver ser visitada, aínda que polo de agora só por habitantes do Concello da Coruña debido aos peches perimetrais existentes en Galicia.

Ademais, segundo a normativa actual, o máximo de persoas que poderán acceder en cada quenda de 45 minutos é de catro persoas que non teñen por que ser conviventes, aos que se sumará un guía turístico.