Queremos encher o CIAV de debuxos da Torre de Hércules

23 de marzo de 2020

Queremos encher o CIAV de debuxos da Torre de Hércules

Todos os cativos que participen nesta iniciativa recibirán un carné de amiga/o da Torre

A Coruña, 23 de marzo de 2020.  Turismo da Coruña e a Torre de Hércules fai un chamamento a todos os cativos que están nas súas casas durante estes días a que envíen un debuxo da Torre de Hércules cun arco da vella.

O obxectivo desta iniciativa é empapelar o Centro de Interpretación e Atención a Visitantes no momento en que poida ser reaberto ao público cos gravados de todas as nenas e nenos durante estes días de peche.

Os debuxos terán que incluír eses dous elementos e terán que ser enviados ao correo electrónico torredehercules@coruna.es. Tamén poderán ser compartidos nas redes sociais co cancelo #DebuxandoATorre.

Todos os pequenos que participen recibirán como agasallo un "Carnet de amiga/o da Torre de Hércules".