Novas

A Torre de Hércules exhibe os debuxos feitos por nenos e nenas durante o confinamento

8 de setembro de 2021
A Coruña, 8 de setembro de 2021. O concelleiro de Turismo do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego, acudiu este mércores á inauguración da exposición #DebuxandoATorre, mostra que recolle os debuxos que fixeron cativos e cativas de diferentes puntos xeográficos durante o confinamento de marzo e abril do 2020.  A exposición poderá visitarse durante o vindeiro mes en tres puntos distintos da Coruña: o exterior do Centro de Interpretación e Atención a Visitantes da Torre, na zona de Paseo Marítimo máis próxima á Torre de Hércules e na explanada da Mariña.   Debuxando a Torre Nos meses de marzo e abril do 2020, por iniciativa dos traballadores e traballadoras da Torre de Hércules, pedírase a través das redes sociais a todos os rapaces e rapazas que quixesen participar, que debuxasen a Torre de Hércules cun arco da vella como símbolo de esperanza, coa promesa de que se exhibirían ao público unha vez fose máis sinxelo visitar o noso faro Patrimonio Mundial.   En total naquel momento recibíronse arredor de 900 debuxos que agora son os que se poden ver. Ademais, daquela entregárase a todos os participantes un carné de Amigo/a da Torre de Hércules e agora, a maiores, entregarase a cada un deles que visite a contorna da Torre este sábado 11 de setembro unha mochila "pintable" cun caderno e lápices de cores. Os nenos e nenas deberán acodir co seu carné de Amigo/a da Torre á explanada do Centro de Interpretación, situado no aparcadoiro, a partir das 11.00h para recoller o seu agasallo.  Esta fora unha das iniciativas que a Torre de Hércules puxera en marcha durante o confinamento de marzo e abril de 2020 co obxectivo de chegar ao público máis novo, xunto coas visitas guiadas virtuais que acadaran moito éxito e poden ser revisitadas na canle de Youtube de Turismo da Coruña.

Poderá visitarse no Centro de Interpretación e Atención ao Visitante, no Paseo Marítimo e na Mariña

A Torre de Hércules organiza por primeira vez visitas á lanterna do faro romano

1 de xullo de 2021
A Torre de Hércules organiza por primeira vez visitas á lanterna do faro romano

Realizaranse os venres, sábados e domingos do mes de xullo a mediodía e última hora do serán

Parque escultórico

Máis información sobre Parque escultórico

Outros faros

Máis información sobre outros Faros

Turismo de A Coruña

Máis información sobre Turismo de A Coruña

Patrimonio da Humanidade

Máis información sobre a declaración da Torre como Patrimonio da Humanidade

Axenda

« Setembro 2021 »
LMMXVSD
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Venda de entradas na oficina de turismo

Venda de entradas na oficina de turismo

Visita virtual

Visita virtual

Centro de Interpretacion y Atencion al Visitante

Centro de Interpretación y Atención al Visitante