Novas

Obradoiro infantil de arqueoloxía e xornada especial para celebrar o Día dos monumentos e sitios

18 de abril de 2018
Xornada de portas abertas  Con motivo da celebración do Día dos monumentos e sitios, a entrada á Torre de Hércules será de balde durante toda a xornada de hoxe, 18 de abril. Este ano o lema da xornada é O patrimonio para as xeracións. A Torre de Hércules está aberta de 10.00 a 18.00, con última entrada ás 17.30.  Estas actividades enmárcanse no Ano Europeo do Patrimonio Cultural, que a torre celebra baixo o lema Torre de Hércules. Cultura europea, patrimonio mundial.

O vindeiro sábado, 21 de abril, a Torre de Hércules celebra unha actividade en colaboración co Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, que consistirá nunha visita guiada familiar ao museo ás 12.00 e un obradoiro infantil de arqueoloxía ás 16.00, no Centro de Interpretación da Torre de Hércules (CIAV). 

 

A Torre de Hércules amplía os criterios de descontos nos prezos das entradas

3 de xaneiro de 2018
Torre de Hércules

A política de aplicación de descontos na venda de entradas á Torre de Hércules cambia coa entrada en vigor da nova ordenanza que regula os presos públicos para o monumento. Os estudantes, os desempregados e as familias numerosas, entre outros, veranse beneficiados. Até o de agora, o criterio cinguíase case exclusivamente ás franxas de idade.

Parque escultórico

Máis información sobre Parque escultórico

Outros faros

Máis información sobre outros Faros

Turismo de A Coruña

Máis información sobre Turismo de A Coruña

Patrimonio da Humanidade

Máis información sobre a declaración da Torre como Patrimonio da Humanidade

Axenda

« Maio 2017 »
LMMXVSD
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31

Visita virtual

Visita virtual

Centro de Interpretacion y Atencion al Visitante

Centro de Interpretación y Atención al Visitante